Chámome Luís Cividanes González e este blog pretende seguir a campaña electoral para as eleccións ao Parlamento Galego, especialmente no que se refire ao uso que os diferentes partidos tiran dos recursos que ofrece Internet e as novas tecnoloxías.
Nacín na Guarda, estudei en Pontevedra e levo uns anos en Santiago.
Na actualidade traballo en Estratexia Local, empresa de consultoría especializada na estratexia, organización, recursos humanos e comunicación para o sector público.
Son master en marketing e comunicación política pola Universidad de Santiago, licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo e Diploma de Estudos Avanzados en Ciencia Política.
13/12/2008 at 8:19 pm
Luis!!
Muy interesante! Intentaré seguirte a través del blog.
Un saludo.
Melania.
31/12/2008 at 10:57 am
Está caralluda, pero porque só aparece o blog de dous candidatos??? o Touriño non ten blog ou non é candidato… por ser presidente…
A túa paxina pódeme axudar moito a entender algo ós políticos, ou non.
Está moi currada. O de “fala con Quin” teño a miñas reservas, non sei se é o lema máis axeitado, sona a raíña do corazón dunha “Vale” Como se lle ocurre?.
Unha Aperta!
31/12/2008 at 1:01 pm
De momento, Touriño non ten blog. Saúdos!
19/02/2009 at 9:52 am
Parabéns polo blog e a súa orientación acerca do aproveitamento das NTIC para a comunicación política. Porén, estaría ben ir un paso (vital!) máis alá e falar das posibilidades para o exercizo da propia Democracia: é dicir a Democracia Electrónica ou Dixital.
24/02/2009 at 7:46 pm
Ola, Luís. Sabes que somos veciños de SERP en Google o teu blog, o de D3 e mais o de Fillos.org, cando buscas “eleccións galegas”? Estamos nos primeiros postos.
Chama a atención de que os nosos ofrecementos desde Fillos aos diversos partidos para poñeren propaganda no noso portal e chegaren así aos votantes do exterior, que seica tan “decisivos” son, non tiveron o máis mínimo éxito. Así nós, seguimos na precariedade económica de tantas entidades non lucrativas e eles despilfarrando os cartos en custosas campañas para chegar ao exterior.
Que país!
25/02/2009 at 4:05 am
Boas hai 2 meses que descobri o teu blog, procurando a a paxina oficial das eleccións autonomicas, PARABENS dun politologo
Se ben faltaria so mais un pouco de pluralidade para con os partidos que non tiveron representación parlamentaria nas do 2005